O Santuario da Peregrina

i . santuaro PEREGRINA D A O

santuaro PEREGRINA D A O

O SANTUARIO: HISTORIA E ARQUITECTURA Situado no centro da cidade de Pontevedra, ao pé do Camiño Portugués a Santiago, é a día de hoxe todo un referente dentro da cidade. Iniciada a súa construción en 1778 e bendicido para o culto en 1794 presenta unha curiosa planta en forma de cuncha de vieira na cal se inscribe unha cruz. Nel mestúranse estilos diversos: barroco, rococó, neoclasicismo... A súa arquitectura exterior, o retablo, o atrio que a precede perimetrado por unha balaustrada con pináculos ou a cuncha de molusco traída do Pacífico por Méndez Núñez e que fai funcións de pía de auga bendita dan idea da beleza e peculiaridade deste edificio. NAVE CENTRAL ADRO SANCRISTÍA SANCRISTÍA TORRE TORRE CÚPULA Entrada  CAPELA MAIOR TRIBUNA CIRCULAR A PLANTA

Pódese afirmar que a súa orixe aparece ligada á aparición en Pontevedra do culto á Virxe Peregrina. Este comezou na desaparecida capela da Virxe do Camiño onde a Peregrina era venerada e posuía un altar propio obra do artista Gaspar de Canle. O seu culto, fomentado pola Congregación da Peregrina, foi gañando popularidade na cidade provocando rozamentos coa Congregación da Virxe do Camiño propietaria da capela. Todo isto provoca que, ante os enfrontamentos entre ambas, o Concello prohiba o culto e esmolas en favor da Virxe Peregrina e, desde novembro de 1776, decrete retirar a imaxe da Virxe e todas as súas pertenzas da capela da Virxe do Camiño e que sexan trasladadas a outra igrexa ou capela, incluso suxerindo que se utilicen algún dos terreos baldíos que o Concello ORIXEN DO SANTUARIO

posúe. Así o 5 de decembro a imaxe é trasladada a un soar á esquerda da porta de Trabancas, pero a confraría non o considera o mellor para construír a capela xa que se se constrúe próxima á muralla, necesitarían moito diñeiro para evitar a filtración das augas que esta presenta, ademais de que a capela quedaría confundida coa muralla. Por iso, e sen prexuízo de usaren o sitio sinalado para o que máis lles conveña, piden que se lles conceda un novo sitio que pode ser un baldío que está diante da porta de Trabancas. Así o 13 de decembro iníciase a construción da capela realizada en madeira, termínase o día 23 e celébrase nela a misa inaugural o día 24 de decembro. O custo total da obra foi de 1813 reais e 6 marabedís, ao cal hai que sumarlle 186 reais e 24 marabedís gastados noutros equipamentos e servizos da capela (farois, petos, vidros, candeeiros, xornais de canteiros e claríns e tambores para o traslado da imaxe). Desde o inicio da construción da capela de madeira, estaba claro que esta había de ser unha construción provisional, e que o fin último era construír un templo en pedra que acollese dignamente a imaxe da Virxe e os seus devotos. Así o 18 de xuño de 1778 ponse a primeira pedra do actual santuario no novo emprazamento que lles fora concedido, seguindo planos de Antonio Souto aínda que non se atopou ningún documento que acredite a execución da obra por este mestre. O inicio da obra foi pagado con esmolas de fieis e fondos da confraría. A construción finaliza en 1792, probablemente baixo a dirección dun novo mestre de obras chamado Isidro Martínez. Un ano despois colócanse as campás, a porta, as vidreiras e, despois, o atrio. Dous anos máis tarde, o 2 de agosto de 1794, e tras dezaseis anos de obras, foi bendicido o santuario polo párroco de San Bartolomeu D. José Gaspar Bermúdez. SANTUARIO EXTERIOR Presenta unha orixinal fachada convexa de abstracta decoración que segue os contornos dunha planta circular con final en cruz, recordando a forma dunha cuncha de vieira. Esta forma circular asóciase á tipoloxía máis estendida nos templos portugueses da época. A súa esvelta fachada curva está dividida en tres corpos claramente diferenciados por unhas cornixas voadas moi barrocas que producen efectos de luz e sombras: 1. Corpo inferior. É o máis clásico dos dous e de case o dobre de envergadura que o superior. No seu centro na parte inferior está a porta e sobre ela un arco de medio punto con vidreira (cuxa función é dar luz ao vestíbulo). Encima do arco atopamos unha xanela encadrada nunha moldura e sobre ela un frontón triangular. Todo iso está encadrado por

catro grandes pilastras cuxa lonxitude abarca todo o corpo inferior. Aos lados destas pilastras atopamos a cada lado un ollo de boi e sobre eles senllas xanelas con frontón triangular encima. 2. Corpo superior. Máis monumental e máis decorado que o inferior, aloxa tres fornelas con arco de medio punto separadas por columnas. Na central está a imaxe pétrea da Virxe Peregrina con peaña e nas laterais os imaxes de Santiago Apóstolo e san Roque. Inclúe unha singular ornamentación con dúas filas de figuras ovoides colocadas baixo a fornela central. Un frontón central partido coa estatua alegórica da Fe e unha balaustrada decorada con pináculos coroan o edificio. 3. Corpo das Torres. Sobre a gran cornixa que o separa do segundo corpo aparece un gran frontón partido cunha figura alegórica da Fe sobre unha peaña na súa parte central.

A ambos os dous lados do frontón, aparecen as torres que son a parte máis barroca da fachada, e que presentan tres partes diferenciadas: unha primeira cuadrangular maciza; unha segunda cuadrangular que alberga as campás con catro arcos de medio punto separados por columnas e unha terceira octogonal con oito arcos de medio punto, coroada por unha cupuliña. O santuario na súa parte exterior é coroado por unha cupuliña que se eleva sobre a bóveda central, e que exteriormente é octogonal con pilastras acaroadas e un óculo en cada espazo, e unha bóla a modo de remate. Diante do santuario aparece o adro, que sufriu algunha remodelación ao longo do tempo. Así na década de 1880, o atrio con fonte orixinal foi entón substituído por unha grande escalinata. O conxunto de singular tipismo e beleza que conforman na actualidade o atrio e a fonte que o precede –recuperada moito máis recentemente segundo proxecto de restauración do ano 1953-1954–, está presidido actualmente pola efixie de Teucro diante dunha cruz. Esta efixie sería instalada en 1956, dous anos despois de acabada a fonte. Teucro –heroe helénico da Guerra de Troia– é quen, segundo conta unha lenda renacentista, fundou a cidade de Pontevedra. SANTUARIO INTERIOR O interior do santuario presenta tres espazos diferentes: 1. Pórtico de entrada. Actúa como vestíbulo e permite acceder ao interior. Presenta unha bóveda de aresta e dous oitavos e sobre ela existe un pequeno coro alto. Aquí achamos unha orixinal pía de auga bendita feita cunha cuncha de bivalvo xigante que o Almirante D. Casto Méndez Núñez, ilustre mariño pontevedrés, enviou desde o Pacífico en agradecemento pola súa recente vitoria na batalla de Mindanao (Filipinas) en 1861. 2. Corpo central. Está formado por catro pilastras cun fuste de oito estrías e un capitel de orde toscana. Sobre elas, a gran cornixa do anel da cúpula que dá lugar a unha ampla tribuna circular cunha varanda de ferro. A bóveda é de media laranxa con doce nervios, en grupos de tres e separados por catro xanelas, que van ata a base da lanterna que presenta oito ollos e sobre ela unha cupuliña de oito nervios. 3. A capela maior. Con planta rectangular, e sobre ela unha bóveda de cruzaría rebaixada. En 1964 o interior do santuario recubriuse con mármore vermello (retirado posteriormente en 1981) e quitáronse os altares existentes aos lados da capela. No inventario de 1837 consta a existencia dun altar dedicado a san Rafael. O outro estaba dedicado a Nosa

O RETABLO MAIOR O seu deseño data de 1789, aínda que a construción do mesmo non sería levada a cabo ata varios anos despois de finalizada a obra civil, en concreto en 1814. Ao ser inaugurado o templo en 1794, instálase nel un pequeno altar (probablemente o mesmo que en 1757 realizara Gaspar de Canle para a Capela da Virxe do Camiño). O retablo actual, de estilo neoclásico está realizado en madeira pintada que semella mármore. Foi deseñado polo arquitecto académico Melchor de Prado. A realización do mesmo non foi, con todo, encarSeñora dos Aflixidos. En data descoñecida ambos os retablos serían substituídos por outros dous, como reflicte o inventario de 1835-1836, un dedicado á Virxe do Carme e o outro a san Xosé, que son os retirados en 1964. O RETABLO MAIOR E A VIRXE PEREGRINA O culto á Virxe baixo a advocación de Peregrina, aparece sempre á beira dos camiños de Santiago xa sexa por iniciativa veciñal, dalgún párroco ou ben dalgunha confraría. O modelo iconográfico que xorde, aínda que é algo variable, adoita ser dunha escultura de vulto redondo co seu fillo sobre o brazo esquerdo, portando na dereita un báculo decorado con cabazas. Sobre a cabeza un chapeu ben de feltro, ben de palla. En xeral a figura aparece decorada con cunchas de vieira, símbolo universal da peregrinación á tumba do apóstolo.

gada ao devandito académico, mais si ao seu irmán menor, Manuel Francisco de Prado e Mariño, quen seguiu fielmente os planos orixinais. A realización do retablo custou 23.000 reais, e sería finalizado máis tarde por Juan Pernas Gambino –quen realizou algúns dos elementos escultóricos–, e por Manuel García, responsable da policromía e os dourados. Desenvolto en altura, o retablo é dun único corpo, e está situado entre dous pares de altas e lisas columnas corintias dispostas en distinto nivel. Ante estas sitúanse dous mórbidos anxos pintados de branco portando bastóns de peregrino cunha pequena cabaza dourada. Todo iso rematado por un frontón baixo o cal está o camarín da Virxe Peregrina, e sobre el, un gran medallón abovedado, sostido por anxos, policromado en tons fríos que representa unha das peregrinacións incluídas na novena da Virxe, a fuxida a Exipto. Diante do retablo atopamos o altar maior, tamén de estilo neoclásico de madeira pintada, semellando mármore. ORIXE DA TALLA DE PONTEVEDRA A primeira imaxe da Virxe Peregrina que se venerou en Pontevedra, estaba colocada no seu altar da desaparecida Capela da Virxe do Camiño desde o 2 de agosto de 1776 e inspirouse seguindo o modelo proporcionado por Bernardo José de Mier a partir dunha estampa que reflicte unha Virxe Peregrina datada en 1688 que se venera no Colexio Seminario Franciscano de Misións de Sahagún de Campos en León (ao cal foi doado por un grupo de comerciantes sevillanos), saída do taller de D.ª Luisa Roldán (A Roldana). Para a súa realización pediuse orzamento en Noia pero finalmente o autor desta primeira imaxe foi o pontevedrés Xosé de Torres. Despois encargouse a súa pintura –xuntamente co báculo e a estampa do estandarte–, a Miguel Godoy. Consta que o custo desta primeira Virxe vestideira, á semellanza da venerada en Sahagún, foi de 1.455 reais. Coñécense as súas características grazas a un inventario datado en 1805, deducíndose por tanto que debeu realizarse ao redor dese ano. Posteriormente foi tallada a imaxe do Neno por José

Pernas Gambino en 1814 para substituír á inicial, moi probablemente debido ao seu estado de deterioración. O 10 de febreiro de 1867 a Xunta da Confraría acorda con urxencia renovar a cabeza e as mans da imaxe da Virxe ante o estado de deterioración que presentan. Propoñen o traballo ao por entón considerado como mellor escultor galego da época, Juan Sanmartín Serna, quen en carta do 19 de febreiro declina o encargo pola gran cantidade de traballos que tiña, e pola cal lle sería do todo imposible acabalo no prazo de tempo que a Congregación requiría. Recomendou ademais que no canto de ser realizadas partes novas para o actual busto, sería moito mellor esculpir unha nova figura para que esta resultase harmoniosa e acorde coas condicións artísticas que toda obra de arte e relixiosa debería ter para ser merecedora desa digna cidade e do culto que nela se lle tributaba. Ante a imposibilidade de que Juan Sanmartín aceptase o encargo, en reunión do 1 de marzo de 1867 exponse propoñer o traballo ao escultor catalán Luís Vermell e así aproveitar a

súa estancia na cidade de Pontevedra para realizalo. Este acepta o traballo de refacer as partes deterioradas da actual imaxe, pero, do mesmo xeito que o facía Sanmartín, recomendaba facer de novo a totalidade da imaxe, o que finalmente foi aceptado pola Congregación. O 7 de maio de 1867 estaba finalizada a talla, traballo polo cal Luís Vermell recibiría 1.280 reais. De inmediato solicitouse orzamento para o policromado da imaxe en Santiago ao artista e pintor Vilarelle, o cal recibiu 320 reais polo traballo realizado; entregouno o 9 de xullo de 1867. Esta imaxe da Virxe é a que hoxe podemos observar no seu camarín do santuario.

DI SEÑO Y MAQUETACIÓN Santuario da Virxe Peregrina Praza da Peregrina, s/n. 36001 Pontevedra www.cofradiavirgenperegrina.es i . santuaro PEREGRINA D A O DI SEÑO Y MAQUETACIÓN ©

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=